A comezos do mes de setembro fun convidada polo Instituto Cervantes de Tokio a dar unhas charlas sobre a nosa lingua e cultura nas Xornadas galegas que organizou co gallo do comezo de clases de galego no centro.
O plantel foi de luxo porque tamén participaban outros ponentes como o profesor Takekuza Asaka que ensina Literatura Románica na Universidade de Tsudajuku de Tokio e é investigador sobre lingua galega.
Silvia Sancho, doutoranda no Xapón, falou de lendas galegas e causou un gran interese no público.
En resumidas contas, a xornada foi un éxito que rematamos con viño galego e Estrella Galicia.